lunes, 26 de abril de 2010









A proxección destas filmacións forma parte do proxecto A Cidade dos Barrios (acidadedosbarrios.org), que pretende unha aproximación a realidade dos diferentes barrios da Coruña dende a expresión dos seus habitantes.

O Centro Galego de Artes da Imaxe
, realiza a selección dos filmes relacionados coa temática da investigación, a Pescadería: un barrio oculto no centro
.

En ambas datas proxectarase ademáis unha curta de Borja Vilas, na que os veciños manifestarán as suas visións e inquedanzas sobre o barrio da Pescadería.








PROXECCIÓN DE DOCUMENTAIS
>ESCENAS DE LA CORUÑA [1926, 11']

>A CIDADE QUE SE NOS VAI [Carlos A. López Piñeiro, 1979, 7`]
Encargo do Colexio de arquitectos de Galicia ao activo Grupo Imaxe, denuncia e describe a especulación inmobiliaria e a degradación mediambiental na cidade da Coruña. Con música de Eno e Propol Vhu e carente de voz narrativa, está estruturado en dúas partes: unha con fotos fixas evocadoras da cidade a inicios do século XX; a segunda un percorrido en coche polo centro que permite observar as galerías, o patrimonio, os signos de identidade (Cidade Vella, Dársena, Praza de Pontevedra) desde unha perspectiva crítica.

>LA CORUÑA, CIUDAD EN LA QUE NADIE ES FORASTERO [Ramón Sáiz de la Hoya, 1965, 20']

>ACCESOS A LA CORUÑA [Ramón Sáiz de la Hoya, 1971, 11']




EL PISITO [Marco Ferreri, 1959, 87’]
No Madrid de finais dos 50 observamos os problemas para acceder a unha vivenda e mesmo a unha vida digna. Demoledor retrato da España predesarrollista, baseado nunha excelente historia de Rafael Azcona.





CAMAROTE DE LUJO [Rafael Gil, 1957, 92’]
Agridoce reflexión sobre a emigración que soprende polo seu naturalismo a pesar de estar enmarcada en plena ditadura.
Adaptación dunha novela curta de Wenceslao Fernández Flórez, está integramente rodada na cidade da Coruña.

No hay comentarios:

Archivo del blog